Seleccionar página

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do IV Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia.

ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN

Este convenio é de aplicación e regula as condicións de traballo de todas as empresas e entidades, calquera que for a forma xurídica que adopten, que teñan por obxecto ou actividade económica a oferta e/ou prestación de servizos ocio-deportivos, exercicio físico-deportivo, actividades deportivas de golf, vixilancia acuática, e esta se realice en ximnasios ou establecementos, locais, clubs de natación, deportivos, tenis, etc., de titularidade pública ou privada, equipados ou habilitados para desenvolver a actividade empresarial antes indicada, se realice mediante subcontratación ou relación xurídica con outras empresas e entidades privadas cuxo obxecto sexa a xestión de ximnasios ou instalacións deportivas e/ou a realización das actividades anteriormente indicadas, se realice mediante contratos administrativos ou relación xurídica con administracións públicas, baixo calquera forma válida en dereito cuxo obxecto sexa a xestión de ximnasios ou instalacións deportivas e/ou a realización das actividades indicadas anteriormente, incluíndo as que se realicen mediante a organización de competicións.

Tamén están incluídas no ámbito funcional deste convenio as empresas que desenvolvan o obxecto e a actividade económica indicada, aínda que esta se realice fóra de establecementos ou instalacións habilitadas para iso, é dicir, ao aire libre ou en contacto coa natureza.

Índice.

Capítulo I. Disposicións xerais.
Artigo 1. Ámbito funcional.
Artigo 2. Ámbito territorial e ámbito persoal.
Artigo 3. Ámbito temporal e denuncia.
Artigo 4. Concorrencia de convenios.
Artigo 5. Vinculación á totalidade.
Artigo 6. Compensación e absorción.
Artigo 7. Garantías ad personam.
Artigo 8. Comisión mixta paritaria.

Capítulo II. Organización do traballo e contratación.
Artigo 9. Organización do traballo.
Artigo 10. Principios xerais.
Artigo 11. Forma do contrato.
Artigo 12. Condicións xerais de ingreso.
Artigo 13. Probas de aptitude.
Artigo 14. Período de proba e aviso previo de cesamento voluntario.
Artigo 15. Características xerais dos contratos e do persoal.
Artigo 16. Contrato por obra ou servizo determinado.
Artigo 17. Contratos eventuais por circunstancias da produción.
Artigo 18. Contrato de interinidade.
Artigo 19. Contratos fixos descontinuos.
Artigo 20. Contrato a tempo parcial.
Artigo 21. Contratos formativos.
Artigo 22. Subrogación do persoal.

Capítulo III. Clasificación do persoal.
Artigo 23. Grupos profesionais.
Artigo 24. Mobilidade funcional.
Artigo 25. Igualdade no traballo.

Capítulo IV. Tempo de traballo.
Artigo 26. Xornada de traballo.
Artigo 27. Descanso semanal e festivos.
Artigo 28. Permisos retribuídos.
Artigo 29. Reducións de xornada por conciliación da vida familiar.
Artigo 30. Concreción horaria por conciliación da vida familiar.
Artigo 31. Excedencias por conciliación da vida familiar.
Artigo 32. Outras excedencias.
Artigo 33. Vacacións.

Capítulo V. Estrutura retributiva.
Artigo 34. Estrutura salarial.
Artigo 35. Complemento de transporte.
Artigo 36. Complemento de toxicidade.
Artigo 37. Complemento de quilometraxe.
Artigo 38. Complemento de dispoñibilidade.
Artigo 39. Nocturnidade.
Artigo 40. Pagas extraordinarias.
Artigo 41. Horas extraordinarias.
Artigo 42. Axudas de custo.
Artigo 43. Incapacidade temporal.
Artigo 44. Roupa de traballo.
Artigo 45. Incrementos salariais.
Artigo 46. Pagamento da retribución mensual.
Artigo 47. Procedemento para a inaplicación das condicións de traballo.

Capítulo VI. Código de conduta laboral.
Artigo 48. Principios xerais.
Artigo 49 . Clasificación de faltas.
Artigo 50. Réxime de sancións.
Artigo 51. Sometemento ao AGA.

Capítulo VII. Cláusulas de formación.
Artigo 52. Formación continua.
Capítulo VIII. Dereitos sindicais.
Artigo 53. Dos representantes das traballadoras e traballadores.
Artigo 54. Comité intercentros.
Artigo 55. Das organizacións sindicais.
Artigo 56. Delegadas e delegados sindicais.
Artigo 57. Garantías sindicais.

Capítulo IX. Saúde laboral.
Artigo 58. Saúde laboral.
Artigo 59. Póliza de seguro. Indemnización en caso de morte ou invalidez.
Artigo 60. Xubilación anticipada.

Disposición adicional primeira. Equiparación matrimonios e parellas de feito.
Disposición adicional segunda. Lexislación supletoria.

Anexo. Táboas salariais 2019-2022.