Seleccionar página

Algunhas empresas e empresarios autónomos e profesionais van pasar dificultades debido a esta interrupción da actividade que se decretou. O Banco Sabadell quere acompañar aos clientes, estudar e facilitar a aplicación das axudas públicas que poidan e deban recibir.

Ademais, Banco Sabadell abriu unha liña de liquidez de máis de 15.000 millóns de euros para apoiar e acompañar a aqueles sectores que poidan verse afectados por esta complexa situación. Pretenden evitar, con iso, que os seus clientes, e máis se cabe aqueles colectivos cos que manteñen un convenio de colaboración cheguen a unha posible situación de falta de liquidez que lles afecte na súa actividade.

Nese sentido, e no que respecta ao noso colectivo, póñense ao dispor dos nosos colexiados para canalizar as súas solicitudes á oficina máis adecuada ás súas necesidades. Para iso, o máis práctico será proceder da seguinte maneira no caso de que algún asociado necesite liquidez:

– Se o colexiado é xa cliente de B. Sabadell, o apropiado é que se dirixa á oficina do banco coa que traballa.

– Para o caso de colexiados que aínda non sexan clientes de B. Sabadell,  o colexiado en cuestión debe enviar un mail (rodriguezmoreiras@sabadellgallego.com) con:

• Nome (empresa, autónomo ou trab. por cta allea)

• Dirección (para poder asignar a oficina máis adecuada)

• Persoa e tlf de contacto

E un director especializado no seu segmento (empresas, negocios, particulares…) que teña máis próximo poñerase en contacto con el para tratar o seu caso. Se poden engadir de maneira moi esquemática a necesidade financeira que desexan cubrir, mellor poderemos orientarlle.