- Obxecto: Axudar a traballos ou proxectos académicos, científicos ou profesionais nos que se visibilice e promova a figura do/a educador/a físico deportivo/a.
- Dotación económica das axudas
O COLEF Galicia financiará estas axudas con cargo ao orzamento 2021, ata unha dotación económica máxima de 2.000,00 € en total. As axudas, ao tener consideración de ganancias patrimoniais, están suxetas, e non exentas, ao Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas (IRPF).
Estas axudas poderán ser compatibles con outras axudas, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, galegos, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sen prexuizo da obriga de comunicalo ao COLEF Galicia.
- Beneficiarios/as
Poderán solicitar estas axudas aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Persoas colexiadas en Galicia.
- Estudantes de Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou Mestrado asimilable.
- Duración
O prazo de presentación dos traballos será ata o 31 de xullo de 2022.
- Contía da axuda
As axudas determínanse en relación aos seguintes conceptos (ou asimilables aos mesmos): inscripcións, membresías, desprazamentos, consumibles, requerimentos tecnolóxicos, conectividade, acceso a recursos de comunicación e dixitais.
- Relación co/a beneficiario/a da axuda
O COLEF Galicia porá a disposición da persoa beneficiaria aqueles recursos propios que considere necesarios para a mellor realización do traballo/proxecto.
A posible execución do proxecto non conleva o establecemento de funcións determinadas nin de horarios, nin relación laboral ou profesional algunha entre o/a beneficiario/a e o COLEF Galicia.
- Forma e prazo de presentación de solicitudes
A presentación da solicitude é imprescindible para poder recibir a axuda. As solicitudes presentaranse mediante formulario on-line no apartado “Bolsas e Axudas” na web www.colefgalicia.com, acompañado da memoria de proxecto que conteña alomenos información relativa á liña de traballo principal, participantes, metodoloxía, actividades, avaliación, cronograma e desglose de gastos previstos.
O prazo de presentación da solicitude rematará o día 31 de decembro de 2021 (incluído).
- Órgano de selección
O órgano competente e responsable do proceso será a Xunta de Goberno do COLEF Galicia, que poderá delegar nunha comisión formada por varios dos seus membros, se así o estima conveniente e/ou necesario.
As funcións do órgano de selección serán as seguintes:
- Realizar de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe resolver.
- Solicitar canta documentación considere precisa para unha mellor valoración e comprobación dos proxectos presentados.
- Analizará a información dos proxectos presentados e elaborará unha listaxe en función da súa calidade.
- Criterios de selección
O órgano competente terá en conta os seguintes criterios á hora de determinar a concesión das axudas:
- Visibilización dos Educadores/as Físico Deportivos/as e da súa profesión.
- Creatividade/innovación do proxecto presentado.
- Utilidade do proxecto presentado para o ámbito e a profesión.
- Proxectos seleccionados
Unha vez analizados os proxectos e comprobados os datos tidos en conta para decidir, o órgano de selección proporá un máximo de 2 proxectos candidatos á axuda, quedando os demáis nunha listaxe de agarda.
- Resolución
A resolución provisional das axudas realizarase antes do 30 de xaneiro de 2021 e a resolución final antes do 15 de febreiro de 2021 a través da páxina web. A resolución final será inapelable. Faráse difusión pública e comunicaráselles directamente ás persoas beneficiarias.
O COLEF Galicia resérvase o dereito de declarar desertas as axudas no caso de que os proxectos que se presenten no reúnan as características necesarias.
- Pagamento
O aboamento da axuda farase efectivo mediante dous libramentos do 50% na conta bancaria indicada pola persoa beneficiaria, efectuados á metade e á finalización do proxecto, unha vez xustificados os gastos.
- Obrigas das persoas beneficiarias
- Coa solicitude acéptanse as bases da convocatoria, que son de obrigado cumprimento.
- Xustificar ante o COLEF Galicia o cumprimiento da finalidade que determina a concesión ou disfrute da axuda.
- Someterse a cantas actuacións de comprobación se poidan determinar por parte do COLEF Galicia.
- Comunicar ao COLEF Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades realizadas, así como a modificación das circunstancias que houberan fundamentado a concesión da axuda.
- As persoas solicitantes deberán permitir que o COLEF Galicia poida difundir as características xerais dos proxectos que se presentan e, no seu momento, os nomes dos proxectos gañadores e os dos/as beneficiarios/as.
- As persoas solicitantes deberán permitir que o COLEF Galicia poida difundir o resultado dos traballos ou proxectos presentados e as persoas integrantes, cedendo o dereito de uso de divulgación dos seus documentos, imaxes, videos, etc.
- Os traballos ou proxectos que resulten beneficiarios deberán facer constar en lugar visible que reciben unha bolsa/axuda de colaboración do COLEF Galicia, incorporando asemade o logotipo.
14. Confidencialidade
O COLEF Galicia comprométese a gardar confidencialidade dos datos achegados e a garantir o correcto tratamento da documentación achegada e dos datos facilitados, consonte a Lei 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personales e garantía dos dereitos dixitais.