Seleccionar página

O venres 29 de abril celebrábamos na Praza María Pita da Coruña o Día da Educación Física na Rúa 2022, con máis de 400 rapaces e docentes dos centros escolares CEIP San Pedro de Visma, CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Novo Mesoiro, CEIP Víctor López Seoane e CEIP Curros Enríquez.

Ao longo de toda a mañá tivemos oportunidade de interaccionar con diferentes representantes políticos, compañeiros, estudantes universitarios, participantes e aquela cidadanía que se foi pasando interesada no que na praza se estaba realizando.

Asemade estivemos coa Asociación ANEDIA, que achegou diverso material divulgativo sobre a diabete tipo 1, para que o profesorado puidese pasar polo seu stand e levar toda a información que precisara.

Como nesta edición o lema era “Sostendo a saúde e o planeta”, para os cativos preparamos unha dinámica eco-saudable, plantexándolles dun xeito activo e lúdico poñer en práctica os coñecementos e conductas básicas do reciclaxe e respeto ambiental. Todos os que pasaron polo stand colexial puideron realizar a actividade, e asemade levaron un camiseiro e un dorsal de +EF.

Moitas grazas ao Concello da Coruña por ter atendido a solicitude de espazos e estar presente durante a xornada, e aos nosos colaboradores directos nesta ocasión Banco Sabadell, Jim Sports e Medio Ambiente da Coruña, e desde a organización a Daniel, Andrea, Alejandro e Domingo, pois sen eles a nosa participación non sería posible.