O Ministerio de Sanidade ven de publicar unha Guía de Consultas Frecuentes sobre as fases da desescalada. +Información
Cando poderei ir a un espectáculo ao aire libre?
Os actos e espectáculos culturais ao aire libre poderán facerse na Fase I con menos de 200 persoas, na Fase II, para menos de 400 persoas e, na Fase III cando sexa para un aforo inferior a 800 persoas. En todas as fases, o público deberá estar sentado e mantendo a distancia que en cada momento establezan as autoridades.
Cando se abrirán os ximnasios?
Os ximnasios considéranse actividades deportivas non profesionais. Dependerá de se son ximnasios en espazos abertos ou pechados. Os ximnasios en espazos pechados empezarán a retomar a súa actividade na Fase I pero soamente para actividade individual, que non implique contacto físico nin uso de vestiarios e con cita previa. Xa na Fase II continuarán con máis persoas e mesmas normas de distancia social que para outros establecementos en Fase II. No caso de ximnasios exteriores, a partir da Fase I, incrementándose o aforo na Fase II.
Cando se poderán utilizar as instalacións deportivas?
Será na Fase I cando se abran as instalacións deportivas ao aire libre sen público e só para practicar deportes nos que non exista contacto, como o atletismo ou o tenis. Tamén os centros deportivos pechados para actividades deportivas individuais, previa cita, que non impliquen contacto físico nin uso de vestiarios.