Seleccionar página
O investigador e profesor da Universidade de Santiago Cristian Abelairas Gómez é pioneiro na investigación en socorrismo acuático e, como experto nesta temática, destaca a importancia de concienciar sobre a prevención desde a escola, algo que na súa opinión contribuiría, xunto a outras medidas, a reducir o número de mortes por afogamento. Cristian Abelairas é un firme defensor do papel que teñen que xogar os titulados en CCAFD no campo da saúde e incluso defende que os estudos se orienten hacia ese ámbito. Tamén aposta pola colexiación profesional como a forma de conseguir a tan necesaria regulación profesional. Destes temas e moitos máis fala na conversa que tivemos con el e que se pode consultar aquí 
FESTA DO DEPORTE SANTIAGO – 28 & 29 SETEMBRO – SOLICITUDE VOLUNTARIOSO COLEF Galicia vai participar cun obradoiro de dinamometría na II FESTA DO DEPORTE SCQ os vindeiros 28 e 29 de setembro. O evento, organizado polo Departamento Municipal de Deportes de Santiago tenta achegar aos cidadáns en gran variedade de modalidades deportivas, apoiando a visibilidade daquelas máis minoritarias e deporte adaptado.O día 28 pola mañá daranse cita no Parque de Galeras e Instalacións Deportivas de Santa Isabel máis de 600 escolares, e pola tarde o evento trasladarase á Praza Roxa, con diferentes actividades. O día 29 pola mañá estarán abertas as actividades a todo o público de novo no Parque de Galeras. Se queres participar como voluntario/a, podes inscribirte na seguinte ligazón. O COLEF Galicia facilitarache a VESTIMENTA corporativa, as DIETAS* correspondentes (ALOMENOS desprazamento e xantar), e un CERTIFICADO de colaboración.*Valorarase unha posible compensación económicaAsemade, doutros eventos, o COLEF Galicia conta con datos que poderían ser válidos para o teu TFG ou TFM. Se estás interesado en traballar con eles, no mesmo formulario de participación podes indicalo.