Seleccionar página

Estimada/o colexiada/o,

A Xunta de Goberno do COLEF Galicia, en cumprimento das atribucións que lle confire o artigo 29 dos Estatutos vixentes, acordou convocar ASAMBLEA XERAL ORDINARIA para o vindeiro sábado 16 de marzo de 2024 ás 12:30 horas, na sede da Fundación María José Jove na Coruña (Galileo Galilei, 6, Edificio Work Center, Polígono de Agrela), coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do sábado 18 de marzo de 2023
  2. Informe do Presidente sobre a actividade colexial desenvolvida durante o pasado exercicio
  3. Exame e votación da conta xeral de gastos e ingresos do exercicio 2023
  4. Informe do plan anual proposto pola Xunta de Goberno do COLEF Galicia para 2024
  5. Exame e votación das cotas de colexiación, e das súas correspondentes promocións, para o exercicio 2024
  6. Exame e votación do orzamento aprobado pola Xunta de Goberno para o exercicio 2024
  7. Lectura, discusión e votación das proposicións presentadas segundo o disposto no artigo 53 dos Estatutos do COLEF Galicia
  8. Rogos e preguntas

Aproveitamos para lembrar que:

  • Conforme establece o artigo 53º dos nosos Estatutos,

As persoas colexiadas, quince días antes da celebración da asemblea xeral ordinaria, poderán presentar as proposicións que desexen someter á deliberación e acordo daquela, e deberán ser incluídas estas, pola Xunta de Goberno, no punto da orde do día denominado proposicións.

Estas proposicións deberán aparecer subscritas por un mínimo de dez persoas colexiadas. Ao darse lectura destas proposicións, a Asemblea Xeral acordará se procede ou non abrir a discusión sobre elas.

  • Poderás solicitar a documentación da Asemblea Xeral Ordinaria con anterioridade ao 16 de marzo, en calquera dos contactos do COLEF Galicia que figuran a pé depáxina.

Sen outro particular, recibe un afectuoso saúdo,

Secretaría do COLEF Galicia

Alexandre Fernández Fernández