Quen era coordinador de proxectos ata o pasado mes de novembro, logo de cinco anos formando parte do equipo profesional, converteuse no novo xerente do COLEF Galicia por acordo unánime da Xunta de Goberno.
Diego Vilas Casal #EFD Nº 56.399 |
A directiva confía plenamente en que Vilas é o profesional ideal para asumir a posición vacante, logo da marcha de Roberto Silva, polas múltiples calidades profesionais e persoais que atesoura e ven demostrado no último lustro: capacidade, formación, experiencia, identificación e implicación coa corporación. Asemade, el tampouco dubidou en aceptar a proposta e confirmar a súa total dispoñibilidade e ilusión por asumir este novo reto.
Por outra banda, compre lembrar que xa de novembro de 2018 a marzo de 2019 ocupou de xeito interino o mesmo posto, logo de superar o correspondente proceso selectivo, cumprindo con satisfacción as tarefas encomendadas. Como consecuencia, ese mesmo mes a Asemblea aprobou a proposta da súa contratación como técnico para o proxecto de promoción colexial, posteriormente estabilizado como persoal indefinido e prologando a relación laboral ata a actualidade.