O Educador Físico Deportivo, adestrador en Lugo e profesor de baloncesto de moitas promocións na Facultade de Ciencias da Educación Física e o Deporte de Bastiagueiro, Fernando Allende (11.235), deixaba o Hospital de Lugo despois de 3 meses ingresado a causa do coronavirus.
O seu estado de saúde chegou a ser grave, ainda que finalmente foi capaz de superar, grazas á súa forza de vontade, a mesmo que lle transmitíu a tantos alumnos e deportistas ao longo de moitos anos.
Aledámonos moito desta nova, moito ánimo a Fernando á súa familia na súa recuperación.