NOVIDADES NORMATIVAS PRÁCTICA DEPORTIVA NON FEDERADA: AUMENTAN OS AFOROS (24/09/2021)
Sep 24, 2021
A práctica de ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA NON FEDERADA quedaría como segue:
Nos concellos enumerados na letra A [Segundo anexo II desta orde: A: non hai ningún concello referido], a práctica da actividade física e deportiva non federada só se poderá realizar ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre respectando as limitacións de grupos de persoas que puidesen resultar de aplicación no respectivo concello, e coa utilización de máscara.
Nestes concellos as piscinas ao aire libre ou cubertas de uso recreativo deberán respectar o límite do cincuenta por cento da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa. Quedan exentas destas limitacións as piscinas unifamiliares de uso privado. A capacidade máxima deberá publicarse nun lugar visible do establecemento.
Nos concellos enumerados nas letras B, C e D [Segundo anexo II desta orde: B: Non hai concellos; C: O Barco e Foz; D: o resto de concellos galegos], a práctica da actividade física e deportiva non federada ao aire libre poderá realizarse de forma individual ou colectiva, coa utilización da máscara. No caso da práctica de forma colectiva, os grupos deberán respectar as limitacións de grupos de persoas que puidesen resultar de aplicación no respectivo concello, sen contar, de ser o caso, o monitor. Nas instalacións e nos centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata dez persoas, sexan ou non conviventes, sen contar o monitor, coa utilización da máscara e sempre que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade máxima permitida.
Nestes concellos as piscinas ao aire libre ou cubertas de uso recreativo ou deportivo deberán respectar o límite do setenta e cinco por cento da súa capacidade. Quedan exentas destas limitacións as piscinas unifamiliares de uso privado. A capacidade máxima deberá publicarse nun lugar visible do establecemento.
Empregamos cookies propias e de terceiros, analizando os seus hábitos de navegación na nosa páxina web, coa finalidade de garantir a calidade, seguridade e mellora dos servizos ofrecidos a través da mesma. Nos casos en que o usuario non manifeste expresamente se acepta ou non a instalación das cookies, pero continúe utilizando a nosa páxina web, entenderase que este deu o seu consentimento, informándolle expresamente da posibilidade de bloquear ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo mediante a configuración das opcións do navegador. Pode obter máis información a este respecto consultando nosa Política de Cookies.Configuración das cookiesAceptar Política de cookies