Ante o inicio das fases de desescalada e a volta á actividade profesional a Xunta de Goberno do COLEF Galicia está a traballar internamente e con grupos de colexiados/as na elaboración de solicitudes nos vindeiros días ás administracións co fin de defender os intereses e mellorar as condicións na que os/as educadores/as físico deportivos/as retoman o seu traballo nos diferentes escenarios e situacións profesionais.