COLEF Galicia convoca os Premios COLEF Galicia 2020 ca finalidade de recoñecer, apoiar e visibilizar o traballo de persoas de recoñecido prestixio nos diversos ámbitos da actividade físico-deportiva galega que no exercicio da súa actividade ao longo da súa traxectoria profesional, teñan contribuído a impulsar ou difundir os valores da actividades físico-deportiva e de forma extraordinaria a garantía dos intereses da cidadanía na prestación de servicios físico-deportivos e a defensa desta organización colexial, da profesión ou dos seus membros colexiados.
I Premios COLEF Galicia 2020 (28/02/2020)
Premiado na Categoría “Rendemento Deportivo”: D. Mariano García Verdugo – 22 votos
Premiada na Categoría “Docencia”: Dª. Cristina López Villar – 22 votos
Premiado na Categoría “Social”: D. Jorge Fortes Nogueira – 11 votos
Premiado na Categoría “Xestión Deportiva”: D. Francisco Cortegoso Díaz – 23 votos
Premiada na Categoría “Saúde”: Dª. María Isabel Rodríguez López – 19 votos.
Candidaturas presentadas definitivas (11/02/2020)
- Docencia: Cristina López Villar – Nº 8.375
- Xestión deportiva: Francisco Cortegoso Díaz – Nº 11.344
- Rendemento deportivo: Mariano García Verdugo – Nº 13.214
- Saúde: Mª Isabel Rodríguez López – Nº 8.321
- Social: Jorge Fortes Nogueira – Nº 12.156
As categorías dos premios corresponden cos seis ámbitos de actuación da profesión:
- Docencia
- Xestión deportiva
- Rendemento deportivo
- Saúde
- Recreativo
- Social
Axenda:
20 xaneiro: publicación da convocatoria e envío á colexiación.
21 xaneiro a 4 febreiro: presentación candidaturas.
5 febreiro: publicación candidaturas provisionais.
6 a 10 febreiro: reclamacións ás candidaturas provisionais.
11 febreiro: publicación candidaturas definitivas.
12 a 26 febreiro: votacións.
27 febreiro: publicación votos; proclamación provisional persoas premiadas.
28 febreiro a 3 marzo: reclamacións aos votos das candidaturas.
4 marzo: proclamación definitiva das persoas premiadas