Seleccionar página

Coa nova campaña da RENDA 2023, que xa comezou, as persoas colexiadas interesadas en deducir a cota colexial, poden presentar o cargo bancario, solicitarnos un certificado, ou descargalo directamente desde a zona de usuario da Plataforma Colexial, * no apartado “Certificados” + “Novo Certificado” + “Certificado da Renda 2023”.

*soamente pagos anuais, para pagos fraccionados solicitar certificado no colef@colefgalicia.com

NOTA DE ACLARACIÓN DO CERTIFICADO RENTA 2023

A profesión dos ‘Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte’ (educadoras e educadores físico deportivos en atención á disposición final sexta da Lei 39/2022, do 30 de decembro, do Deporte) é unha profesión colexiada, por iso os seus profesionais teñen a posibilidade de deducirse a cota de colexiación na base impoñible. Esta é unha opción que ha de indicarse expresamente no borrador, pois non vén predeterminada.

Prazo de presentación RENDA 2023: 3 de abril ao 30 de xuño de 2024.

+INFORMACIÓN