Seleccionar página

O pasado xoves, o presidente e o xerente do COLEF Galicia, Henrique Xoán Rodríguez e Roberto Silva respectivamente, desprazábanse ata Ourense para visitar as instalacións de Expourense e manter unha reunión co compañeiro colexiado e Director Deportivo, Mario González, único referente neste tipo de recinto en toda España, logo da súa recente incorporación.

Ao longo do percorrido polas instalacións puideron achegarse ás innovacións técnicas e tecnolóxicas deste recinto, así como á información sobre as actividades e competicións organizadas nas últimas datas e outras das tamén programadas.

Asemade tamén houbo tempo para conversar co Director-Xerente de Expourense, Rogelio Martínez, e que ambas entidades achegasen os seus proxectos e posibilidades de colaboración, quedando emprazadas para participar nos vindeiros encontros profesionais e sectoriais que se van celebrar na cidade de Ourense.