Seleccionar página

ASAMBLEA XERAL ORDIANARIA 2022

25mar6:45 pm1:00 amASAMBLEA XERAL ORDIANARIA 2022

Detais do evento

A Xunta de Goberno do COLEF Galicia, na súa reunión do pasado 19 de febreiro de 2022 e en cumprimento das atribucións que lle confire o artigo 29 dos Estatutos vixentes, acordou convocar ASEMBLEA XERAL ORDINARIA para o vindeiro venres 25 de marzo de 2022 ás 18:45 horas no Centro Sociocultural do Romaño en Santiago de Compostela, coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do sábado 20 de marzo de 2021.
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Extraordinaria do sábado 3 de xullo de 2021.
  3. Informe do Presidente sobre a actividade colexial desenvolvida durante o pasado exercicio.
  4. Exame e votación da conta xeral de gastos e ingresos do exercicio 2021.
  5. Informe do plan anual proposto pola Xunta de Goberno do COLEF Galicia para 2022.
  6. Exame e votación das cotas de colexiación, e das súas correspondentes promocións, para o exercicio 2022.
  7. Exame e votación do orzamento aprobado pola Xunta de Goberno para o exercicio 2022.
  8. Lectura, discusión e votación das proposicións presentadas segundo o disposto no artigo 53 dos Estatutos do COLEF Galicia.
  9. Rogos e preguntas.

Aproveitamos para lembrar que:

  • Conforme establece o artigo 53º dos nosos Estatutos,

As persoas colexiadas, quince días antes da celebración da asemblea xeral ordinaria, poderán presentar as proposicións que desexen someter á deliberación e acordo daquela, e deberán ser incluídas estas, pola Xunta de Goberno, no punto da orde do día denominado proposicións.

Estas proposicións deberán aparecer subscritas por un mínimo de dez persoas colexiadas. Ao darse lectura destas proposicións, a Asemblea Xeral acordará se procede ou non abrir a discusión sobre elas.

  • Poderás solicitar a documentación da Asemblea Xeral Ordinaria con anterioridade ao 25 de marzo, en calquera dos contactos do COLEF Galicia.

RECEPCIÓN DE PROPOSTAS AO PLAN ANUAL (ATA O 3 DE MARZO):

 

Máis

Tempo

(Venres) 6:45 pm - 1:00 am