Xunta de goberno

Henrique Xoán Rodríguez Pantín
Presidencia
Colexiado nº 7.370
Docencia Educación Física

Vicente Gambau i Pinasa
Vicepresidencia (en funcións)
Colexiado nº 8.916
Docencia Universitaria

Alexandre Fernández Fernández
Secretaría
Colexiado nº 10.176
Dirección e Xestión Deportiva

Enrique Fraga Germade
Vicesecretaría
Colexiado nº 10.346 Adestramento e Xestión D.
Investigación en exercicio físico saudable

Xoana Roig Regueira
Tesourería
Colexiada nº 56.070 Adestramento e Xestión Deportiva

Lucía Noya Casas
Vogalía
Colexiada nº 63.457 Actividade Física para a Saúde

Daniel Peral López
Vogalía
Colexiado nº 60.789 Adestramento e Docencia EF
Equipo profesional

Teresa Lameiro Ces
Aux. Administrativo

Diego Vilas Casal
Coordinador de proxectos

Roberto Silva Piñeiro
Xerente
Asambleas
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 2021
- 20 de marzo
- Participación telemática
A Xunta de Goberno do COLEF Galicia, na súa reunión do pasado 11 de febreiro de 2021 e en cumprimento das atribucións que lle confire o artigo 29 dos Estatutos vixentes, acordou convocar ASEMBLEA XERAL ORDINARIA para o vindeiro sábado 20 de marzo de 2021 ás 12:00 horas, de xeito telemático a través da plataforma Zoom (todas as persoas colexiadas recibirán a correspondente ligazón de acceso).
ORDE DO DÍA
- Elección para cargos vacantes da Xunta de Goberno.
- Escrutinio da votación telemática e anuncio público do resultado.
- Proclamación das persoas candidatas electas.
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do martes 30 de xuño de 2020.
- Informe do Presidente sobre a actividade colexial desenvolvida durante o pasado exercicio.
- Exame e votación da conta xeral de gastos e ingresos do exercicio 2020.
- Informe do plan anual proposto pola Xunta de Goberno do COLEF Galicia para 2021.
- Exame e votación das cotas de colexiación, e das súas correspondentes promocións, para o exercicio 2021.
- Exame e votación do orzamento aprobado pola Xunta de Goberno para o exercicio 2021.
- Lectura, discusión e votación das proposicións presentadas segundo o disposto no artigo 53 dos Estatutos do COLEF Galicia.
- Rogos e preguntas.
Aproveitamos para lembrar que:
- Conforme establece o artigo 53º dos nosos Estatutos,
As persoas colexiadas, quince días antes da celebración da asemblea xeral ordinaria, poderán presentar as proposicións que desexen someter á deliberación e acordo daquela, e deberán ser incluídas estas, pola Xunta de Goberno, no punto da orde do día denominado proposicións.
Estas proposicións deberán aparecer subscritas por un mínimo de dez persoas colexiadas. Ao darse lectura destas proposicións, a Asemblea Xeral acordará se procede ou non abrir a discusión sobre elas.
- Poderás solicitar a documentación da Asemblea Xeral Ordinaria con anterioridade ao 20 de marzo, en calquera dos contactos do COLEF Galicia que figuran a pé de páxina.
Asdo. Alexandre Fernández Fernández
Secretario do COLEF Galicia
Eleccións
Convocatoria de eleccións para cargos vacantes da Xunta de Goberno 2021 (12/02/2021)
Reunida a Xunta de Goberno do COLEF Galicia, en uso das atribucións que lle confire o artigo 29 dos Estatutos vixentes, acorda convocar Eleccións para prover o cargos vacantes da Xunta de Goberno. As Eleccións celebraranse o 20 de marzo de 2021 dentro da orde do día...
Memorias anuais
Memorias 2019
Memoria Técnica 2019 Memoria Económica 2019
Memorias 2018
Memoria Económica 2018 Memoria Técnica 2018
Memorias 2017
Memoria técnica e comunicación 2017 Memoria económica e planificación 2017
Memorias 2016
Memorias 2016
Memorias 2015
Memorias 2015
Memorias 2014
Memorias 2014